TRABALLOS DE EDICIÓN


Ramón Carballal Pernas "Ciencia xurídica e galeguismo"

Reconstruír a identidade. Velaí a tarefa que nos debe preocupar a todos. Galicia ten unha historia densa en feitos relevantes.


Medievalario

Un santo rigoroso e intransixente que persegue con saña a herexía e que está disposto a calquera sacrificio polo seu deus; un nobre cabaleiro que, farto de malvivir como garda de mercadores tras traizoar aos seus, diríxese a unha fortaleza asediada en busca dun novo...


Fermín Bouza Brey, Xuíz e Galeguista

O obxectivo central que xustificou no seu día a creación da Irmandade Xurídica Galega foi a de promover e asentar o galego como lingua de traballo nos ámbitos xurídicos e administrativos en condicións de normalidade e na dirección que sinalaba o Plan xeral de normalización do uso do galego de 2004.


En galego, agora e sempre

Un ano máis publicamos este libro de mandas a prol da lingua galega co que porfiamos na procura dos obxectivos que nos moveron desde a súa primeira edición no 2002: salientar a importancia da transmisión interxeracional do noso idioma e chamar a atención sobre o uso do galego nos documentos xurídicos e, en concreto, nas escrituras públicas.


A fonte limpa, Pedro González López

Don Pedro González é hoxe un gran descoñecido para a meirande parte dos xuristas galegos. Boa culpa diso haberíaa que achacárllela ás facultades de dereito do noso País e mesmo aos colexio de avogados e escolas de prácticas xurídicas, que non teñen nos seus currículums académicos asignaturas optativas ou de libre configuración para que o alumnado teña a posibilidade de coñecer unha tradición xurídica notable, da que forma parte don Pedro González López.


Relatos da Paisaxe

Os Relatos da Paisaxe son unha serie de libriños de formato áxil, con fotografías a toda cor que foron repartidos nas liñas de autobuses pertencentes á empresa Travibús dentro dunha campaña a prol da utilización da lingua galega promovida pola  Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) para poñer en valor tanto o idioma de Galicia como o coñecemento da contorna, coa súa singularidade e beleza.


Declaración de Mondariz

Ramón Cabanillas foi, xunto con outros galeguistas, funcionario da Administración Local. Isto aconteceu na década dos anos trinta do século pasado. Por ese tempo tamén outros compañeiros seus -Arturo Noguerol e Lois Peña Novo- exerceron a mesmas funcións noutros concellos galegos. A ámbolos dous,  a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, dedicoulles varias actividades e publicacións destinadas a divulgar a súa obra e  exemplo de galeguismo na función pública.


Ramón Verea, inventor estradense

A galeguización empresarial é unha vella arela. Os nosos historiadores teñen constatado esta carencia que noutras comunidades autónomas, nomeadamente Cataluña e País Vasco, asumiron  hai ben tempo. Eis a diferenza entre o empresariado galego e o resto deses pobos con lingua e cultura de seu. O orgullo de pertenza a un pobo con esas singularidades identitarias xogou a prol dos seus intereses, mentres en Galicia a falta desa tradición galeguista non foi boa para o noso empresariado. Houbo excepcións, pero moi poucas. Tan poucas que as podemos contar cos dedos dunha man. Pero as que houbo foron senlleiras e decisivas na economía galega.


Guia Imprescindible de electroestimulación

La tecnología sigue avanzando en todos los campos del conocimiento y, como no podía ser menos, también lo está haciendo en los campos de la actividad física, el deporte y la salud. Los beneficios de estos avances tecnológicos se aprecian tanto en laboratorios, empresas e instituciones como a nivel particular por medio de miles de pequeños (y no tan pequeños) artilugios (ordenadores, televisores, teléfonos móviles, cámaras fotográficas, cadenas de músicas, etc.), para uso del público en general. De hecho, el “ciudadano medio” posee un considerable número de ellos e, incluso, hay quien ya tiene un electroestimulador.


Obella Vidal, investigador, empresario e galeguista

A creatividade colectiva e a capacidade individual de ser emprendedor constitúen o caldo de cultivo imprescindible para o cambio, para o progreso de calquera comunidade social. Non é cuestión de longo meditar o darse conta de que, aínda séndomos todos intelixentes, sen a imaxinación, sen o potencial para transformar a realidade que nos rodea en coñecemento, o xurdir da faísca creadora non é tan se queira viable.


Daniel García Ramos

A Irmandade Xurídica Galega, amais de promover o fomento do uso da lingua galega nos procedementos procesuais, quere tamén reivindicar a memoria de todos aqueles xuristas que tiveron un compromiso con Galicia: a lingua, a idiosincrasia cultural dos galegos, a existencia dun dereito consuetudinario, foron referentes polos que demostraron respecto nas súas actividades profesionais. Grazas ao compromiso que estes xuristas tiveron con Galicia, puidéronse superar vellos atavismos que actuaban como pexas no desenvolvemento social e económico dun pobo, por mor dun réxime xurídico que mantiña estruturas feudais.


A fala dos viños 2008

O viño é, sen dúbida, o produto máis identificado con cadansúa terra e paisaxe. É dificil disociar o champán de Francia ou o whisky de Irlanda, por exemplo. Calquera sabe que se estas dúas bebidas veñen etiquetadas debidamente, isto é, nas respectivas linguas de orixe, ofrecen máis garantías aos consumidores. O mesmo podemos predicar dos viños portugueses do Douro ou do Dâo.  A galeguización dos viños galego supón un plus na denominación de oríxe. Etiquetar os nosos viños en lingua galega é unha maneira de reforzar a autenticidade das súas oríxes. É, ademais, unha maneira de proxectar no mundo a nosa cultura e lingua. De aí que este libro sexa o resultado dese empeño por universalizar a lingua galega a través dun produto tan característico como o viño.


En galego, agora e sempre (Vilagarcía)

O libro recolle mandas testamentarias de veciños do concello de Vilagarcía, moitas coñecidas e outras persoas anónimas. O que se pretende con este libriño, que foi distribuido por moitísimos concellos do noso País chegando polo tanto a moitísimas familias, é protexer os nosos dereitos lingüísticos e incentivar á sociedade a que demande das notarías o testamento na nosa lingua. As mandas testamentarias recollidas neles conteñen unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga de dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimonio común: a lingua e a cultura de Galicia.


En galego, agora e sempre

O libro recolle mandas testamentarias de persoas de toda Galicia, moitas coñecidas e outras persoas anónimas de cadanseu concello ou vila. O que se pretende con estes libriños,  que foron distribuidos por moitísimos concellos do noso País chegando polo tanto a moitísimas familias,  é protexer os nosos dereitos lingüísticos e incentivar á sociedade a que demande das notarías o testamento na nosa lingua. As mandas testamentarias recollidas neles conteñen unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga de dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimonio común: a lingua e a cultura de Galicia.


Orencio Pérez González, a vocación galeguista dun xuíz

O libro é unha xusta homenaxe a un home rexo que fixo da súa vida unha constante na defensa do idioma de Galicia.Orencio, que foi titular do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo e activo militante da normalización lingüística de Galicia desde as filas da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, secundou as arelas dos precursores do galeguismo e,  no marco do novo ordenamento xurídico que regulamenta o uso das linguas nas Administración de Xustiza, foi capaz de ilusionar as persoas que traballaron con él no seu xulgado galeguizándoo.


Fermín Bouza Brey, un xuíz de lei

A Fermín Bouza Brey coñéceselle fundamentalmente polo seu intenso traballo no eido da etnografía. Tamén pola obra literaria, importante por ser un dos creadores, xunto con Álvaro Cunqueiro, da escola neotrovadoresca. Sen embargo, poucos son os que  coñecen un aspecto fundamental da súa biografía relativo á profesión exercida de maxistrado. Foi Fermín Bouza Brey xurista recoñecido e xuíz de gran humanidade demostrada en momentos cruciais na historia de Galicia.


Refráns da xustiza

É unha achega do profesor Xesús Ferro Ruibal que recolle refráns no que o inxenio popular plasmou a súa visión do Dereito e que, en moitos casos, son sentenzas extraídas directamente do dereito romano e aplicadas á nosa realidade. Con esta reedición actualizada pretendemos poñer ao servizo do profesional do Dereito un pequeno repertorio de refráns que definen con brevidade  supostos xurídicos en clave galega.


Mar adiante, as xeiras dos Ultreias

A asociación xuvenil Ultreia xorde como unha das consecuencias da conferencia pronunciada por Álvaro das Casas no Paraninfo da Universidade de Santiago en marzo de 1933. “Cómpre -dicía o conferenciante- que os nosos rapaces vexan, doitamente dirixidos, escolas, fábricas, minas, talleres, bancos, clínicas, museos, laboratorios, hospitais, sociedades obreiras, etc.; o día de mañá son chamados ao goberno, se teñen de sentir por riba de si a responsabilidade dunha dirección, estarán documentados persoalmente e saberán das nosas angueiras, das nosas preocupacións e das nosas necesidades”.


Arrequecer a endeita

O libro é un recompilatorio de artigos e relatos de tres funcionarios públicos da xustiza: D. Orencio Pérez González, D. Claudio Movilla e D. Manuel Casado Nieto. O título non é casualidade: “endeita” foi unha palabra viva no sistema de produción agrícola en Galicia, refírese ó traballo comunitario. Don Eladio Rodríguez, no seu dicionario enciclopédico defíne así a  “endeita”: "Faena, traballo, labor de campo que se realiza por un ou por varios á vez. “Arrequecer na endeita” adiantar nalgún labor, aumentar ésta máis que outros nun mesmo espazo de tempo".


A fala dos viños 2007

O libro A fala dos viños: antoloxía dos viños etiquetados en galego recolle a relación dos viños galegos que no ano 2007 utilizan o galego na súa etiquetaxe cunha clara información visual da adega e das marcas de viño. O seu deseño,  práctico e manexable, permite unha utilización rápida e unha información precisa. Iso era o que se  pretendía, que o libro fose de fácil manexo entre aquelas persoas que organizan eventos ou presentacións, así como nos restaurantes, concellos e calquera outra persoa que requira esa información. A finalidade derradeira desta guía é  provocar a utilización dos nosos produtos de calidade. Viño sí, pero etiquetado en galego, por favor.


Contos de Agardar

Os Contos de Agardar publicánronse como acción complementaria á campaña de dinamización da lingua galega nos corpos e forzas de seguridade. Son once relatos curtos de autores coñecidos, Xosé Neira Vilas, Luís García Mañá, Salvador García Bodaño, Helena Villar Janeiro, Fina Casalderey, Xabier Alcalá, etc. para a súa distribución  nas oficinas do DNI e denuncias para deleite dos cidadáns que acuden as mesmas. O seu título non é unha casualidade, son os Contos de Agardar.


Vieiro da Franqueira

Teño o honor de darlle a entrada a este libro sobre un dos camiños máis senlleiros de Galicia: aquel que leva ao santuario afamado e paradigmático da Franqueira, un dos referentes das nosas peregrinacións interiores de maior sona e congregación de xentes.

 


En Galego, con toda seguridade

O libro foi obxecto dunha campaña de dinamización lingüística nas forzas e corpos de seguridade. Tratouse de conxugar a defensa dos dereitos lingüísticos dos cidadáns con medidas de fomento do uso da lingua. O libro,  no que ao carón de  fotografías de cada un dos participantes vai un texto alusivo ás bondades do uso da lingua galega nun ámbito de infrecuente uso da mesma.


Palabras da Terra

O  libro foi o primeiro chanzo dunha actividade iniciada hai aproximadamente dous anos pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. Con esta campaña conseguíuse unha maior participación na dinamización lingüística dun sector tan importante na economía galega como é o vinícola, tanto na actividade empresarial como na etiquetaxe dos seus produtos.


Palabras de lei

As consecuencias da declaración de oficialidade do galego para o ámbito específico da Administración de xustiza veñen recollidas nos artigos 7 da Lei de Normalización Lingüística e 231 da Lei orgánica do Poder Xudicial, onde se dispón que as actuación xudiciais en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada.


Conversas no Ribeiro

Desde o 922 sábese de certo que se cultivan as cepas no Ribeiro: no devandito ano, o día 27 de febreiro, o rei Ordoño II fai un troco co bispo de Santiago de Compostela: dálle a vila de Láncara, na actual provincia de Lugo, polas de Oza e Arcadia, constando que a segunda fica na orela do río Miño, entre Laias e Castrelo, e que lle entrega os edificios e tamén os viñedos.





Documento sin título
Pio García
Camelias, 101. 36211 Vigo
Tel.: 986 234 061
Móbil: 606 368 473
audiovisuales@piogarcia.com
 
© PIO GARCIA
nota legal
 
Síguenos