TRABALLO DE EDICIÓN

   Obella Vidal, investigador, empresario e galeguista


A creatividade colectiva e a capacidade individual de ser emprendedor constitúen o caldo de cultivo imprescindible para o cambio, para o progreso de calquera comunidade social. Non é cuestión de longo meditar o darse conta de que, aínda séndomos todos intelixentes, sen a imaxinación, sen o potencial para transformar a realidade que nos rodea en coñecemento, o xurdir da faísca creadora non é tan se queira viable.


Na Galicia de comezos do séc. XX, o doutor Ramón Obella Vidal foi un dos persoeiros que, coa súa egrexia personalidade e coñecido tesón, foi quen de converter a faísca nun lume capaz de dar abrigo á nova Galicia en cernes. Cando a modernización ía da man da mecanización, e os sectores produtivos básicos asentaban a meirande parte do dinamismo e a produtividade da nosa economía, el soubo mirar máis alá.

No seu dicionario particular entraban palabras, daquela, alleas para o común da cidadanía: ciencia e tecnoloxía, investigación e estudo, formaban parte do léxico das minoritarias elites de orixe vilega. Sen embargo, o compromiso do Dr. Obella Vidal co País permitiu que aquel esforzo, compartido con tantos, de facer daquelas palabras a base dunha posterior realidade, e da ciencia un dos nosos piares de futuro,  sexa hoxe un dos eixes estratéxicos da Galicia do séc. XXI.

A empresa Zeltia, o seu máis sobranceiro legado, referencia internacional da industria biomédica, sintetiza toda a extraordinaria capacidade inventiva que atesouraba Obella Vidal; e da que os seus máis achegados, como Fernando Calvet ou Xaime Isla, foron testemuños de excepción. A herdanza que Zeltia supón, ademais, vai alén do progreso científico-tecnolóxico. Os máis de 70 anos da empresa son historia, tamén, dun dos esforzos máis importantes, transcendentais direi, na configuración e a reivindicación dun tecido industrial galego do I+D+i .
Nin tan se queira o alzamento nacionalista, e a súa vontade ideolóxico-absolutista de amoldar o progreso aos seus estreitos patróns morais, foi quen de frear a ciencia da razón.

O soño do doutor Ramón Obella Vidal ten cumpridas ben todas as súas expectativas. Zeltia contribúe co seu excelso exemplo a un novo impulso da industria galega do coñecemento. O futuro de Galicia, sexa como sexa, estará escrito con letras de ouro e o contributo de Obella Vidal figurará nos nosos corazóns como unha mostra de compromiso de país, entrega polo ben colectivo, e dedicación a unha Galicia mellor, a un futuro mellor para todos e todas.


Xosé González Martinez
Presidente do Foro E. Peinador


Titulo: Obella Vidal, investigador, empresario e galeguista.

Cliente: Foro Enrique Peinador.

Ano de edición: 2009


Deacargar libro pdf







Documento sin título
Pio García
Camelias, 101. 36211 Vigo
Tel.: 986 234 061
Móbil: 606 368 473
audiovisuales@piogarcia.com
 
© PIO GARCIA
nota legal
 
Síguenos