TRABALLO DE EDICIÓN

   Fermín Bouza Brey, un xuíz de lei


A Fermin Bouza Brey coñéceselle fundamentalmente polo seu intenso traballo no eido da etnografia. Tamén pola obra literaria, importante por ser un dos creadores, xunto con Álvaro Cunqueiro, da escola neotrovadoresca. Sen embargo, poucos son os que  coñecen un aspecto fundamental da súa biografía relativo á profesión exercida de maxistrado. Foi Fermín Bouza Brey xurista recoñecido e xuíz de gran humanidade demostrada en momentos cruciais na historia de Galicia.

Por esta razón a Fundación Lois Peña Novo, preocupada por salientar o papel sobranceiro que tiveron algúns funcionarios públicos, quixo render homenaxe a un home que simultaneou a súa actividade profesional co da reivindiación da nosa cultura.

Fermín Bouza Brey, que padeceu persecución política por ese compromiso con Galicia, foi arredado da xudicatura inxustamente, argallando os seus detratores a difamación disfrazada na causa que se lle instruíu.

Fermín Bouza Brey foi un ardente defensor da utilización da lingua galega nos procedementos procesuais, sempre adiada, e que hoxe ten nas novas fornadas de xuíces e xuizas  continuadores e valedores.

 

 


Titulo: Fermín Bouza Brey, un xuíz de lei.

Cliente: Fundación Lois Peña Novo.

Ano de edición: 2008


Descargar libro pdf







Documento sin título
Pio García
Camelias, 101. 36211 Vigo
Tel.: 986 234 061
Móbil: 606 368 473
audiovisuales@piogarcia.com
 
© PIO GARCIA
nota legal
 
Síguenos