TRABALLO DE EDICIÓN

   Palabras de lei


As consecuencias da declaración de oficialidade do galego para o ámbito específico da Administración de xustiza veñen recollidas nos artigos 7 da Lei de Normalización Lingüística e 231 da Lei orgánica do Poder Xudicial, onde se dispón que as actuación xudiciais en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada; que os maxistrados, xuíces, fiscais e funcionarios de xulgados e tribunais poden usar o galego en forma oral ou escrita sen ningunha parte se opón, alegando descoñecemento del que llle poida causar indefensión; e que os avogados, procuradores, litigantes, testemuñas e peritos, poden usar o galego verbalmente ou por escrito nas actuacións perante os xulgados e tribunais, sen ningunha limitación.

Como consecuencia deste marco xurídicos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística propúxose animar o proceso de normalización lingüística contando co concurso dun amplo número de maxistrados, xuíces e fiscais, que na súa actividade profesional utilizan a lingua galega. Este libro recolle as opinións de todos eles.

 

 


Titulo: Palabras de lei.

Cliente: Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia.

Ano de edición: 2005


Descargar libro pdf







Documento sin título
Pio García
Camelias, 101. 36211 Vigo
Tel.: 986 234 061
Móbil: 606 368 473
audiovisuales@piogarcia.com
 
© PIO GARCIA
nota legal
 
Síguenos