|
.jpg)
O libro foi o primeiro chanzo dunha actividade iniciada hai aproximadamente dous anos pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. Con esta campaña conseguíuse unha maior participación na dinamización lingüística dun sector tan importante na economía galega como é o vinícola, tanto na actividade empresarial como na etiquetaxe dos seus produtos. Esa actividade nosa foi moi publicitada entre as adegas existentes en Galicia, pasando a engrosar a lista de adegas galeguizadas un total de 58. No libro os adegueiros sensibles ao feito lingüístico naquel momento, expoñen a súa opinión sobre a utilización da lingua na etiquetaxe dos nosos viños reforzando, deste xeito, o noso traballo a prol do proceso galeguizador no sector.
Titulo: Palabras da Terra. Cliente: Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. Ano de edición: 2008
Descargar libro pdf |