|

O libro recolle mandas testamentarias de veciños do concello de Vilagarcia, moitas coñecidas e outras persoas anónimas. O que se pretende con este libriño, que foi distribuido por moitísimos concellos do noso País chegando polo tanto a moitísimas familias, é protexer os nosos dereitos lingüísticos e incentivar á sociedade a que demande das notarías o testamento na nosa lingua. As mandas testamentarias recollidas neles conteñen unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga de dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimonio común: a lingua e a cultura de Galicia.
Titulo: En galego, agora e sempre. Cliente: Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. Ano de edición: 2008
Descargar libro en pdf |