TRABALLO DE EDICIÓN

   Medievalario


 

Un santo rigoroso e intransixente que persegue con saña a herexía e que está disposto a calquera sacrificio polo seu deus; un nobre cabaleiro que, farto de malvivir como garda de mercadores tras traizoar aos seus, diríxese a unha fortaleza asediada en busca dun novo señor ao que servir; un raparigo campesiño que vive nunha pousada do camiño de Santiago, de pai descoñecido e tan fermoso que todos crenlle fillo do demo; e un rei glotón que leva dezasete anos encadeado: talles son os catro protagonistas destas historias que, a semellanza dos bestiarios medievais, reflicten unha sociedade aínda sometida pola superstición e dominada pola natureza, desposuída de tópicos, á vez cruel e fascinante.

 

Máis que unha novela, Medievalario é unha radiografía da Idade Media, un retrato descarnado trazado con pulso firme, unha historia épica e absorbente que mergulla ao lector nun mundo que cría coñecido... ata que comeza a primeira páxina.


 

Titulo: Medievalario.

Cliente: Fran Zabaleta

Ano de realización: 2011







Documento sin título
Pio García
Camelias, 101. 36211 Vigo
Tel.: 986 234 061
Móbil: 606 368 473
audiovisuales@piogarcia.com
 
© PIO GARCIA
nota legal
 
Síguenos