Por terras de faiais
As faias son árbores nobres e vizosas, donas da néboa e da montaña, rexas coma vellas afeitas á crueza dos invernos. O seu aspecto é inconfundible no outono, cando as follas ovaladas, que foron dun verde claro na primavera, van tornándose da mesma cor da ferruxe.