 |
NOVAS |
MWM Energy España, S.A.
Quero poñer no voso coñecemento a realización dun video sobre o mantemento dos motores autoxeneradores de enerxía eléctrica para a empresa alemana, con sede en España “MWM Energy España, S.A.”.
|
|
Medievalario
Práceme comunicarvos que Medievalario, a nova novela do escritor Fran Zabaleta, colaborador habitual de Pío García Audiovisuais S.L., acaba de saír á venda. Desta volta, a novela foi editada por Edicións Redelibros e venderase tanto en formato dixital (ebook) como papel, a través de librerías ou da propia web do autor, www.franzabaleta.com.
|
|
Web Jose Molares
Práceme poñer no voso coñecemento un novo proxecto creativo levado a cabo por PIO GARCÍA AUDIOVISUAIS, S.L., a realización da páxina web do escultor vigués José Molares (Vigo, 1961).
|
|
O Couto Mixto de aló acó
Práceme presentarvos unha nova achega na sección de reportaxes da miña páxina. Desta volta sobre o Couto Mixto, da man de Luís García Mañá quen, sen lugar a dúbidas, é o auténtico recuperador da historia deste emblemático territorio existente entre Galicia e Portugal
|
|
Xa está na rede a canle www.galeguizargalicia.tv
Coa finalidade de mellorar e ampliar servizos aos clientes incorporamos e poñemos a disposición de todos aqueles que estean interesados un novo soporte, a creación dunha canle de tv. por internet.
|
|
Documental "A memoria do lume"
A Peneda é un deses lugares máxicos que gardan a memoria dunha longa historia, terra fértil para as lendas e os rituais. Desde 1997, a Asociación Cultural Alén Nós organiza o fin de semana anterior a San Xoán a Festa dos Fachos, unha celebración do lume, do seu poder máxico e a súa capacidade purificadora que transforma as abas do outeiro nunha longa procesión de luminarias, nunha serpe de luz.
|
|
Reportaxe "Danza das espadas de Redondela"
A danza de espadas, xunto coa figura demoníaca da Coca e as fermosas e delicadas penlas, constitúe unha das principais manifestacións tradicionais da festa do Corpus Christi ou “Festa da Coca” da vila de Redondela.
|
|
Presentación campaña "A Lingua no Padal"
Despois de moitos anos consecutivos apelando á galeguización da etiquetaxe dos viños galegos, a convocatoria deste ano 2010 tivo por escenario as novas instalacións da adega Casal de Virmadeus, no concello de Cenlle (Ourense). Con esta son sete as campañas promovidas.
|
|
Presentación En galego, agora e sempre
Presentouse en acto público celebrado no auditorio do Museo do Pobo Galego a cuarta entrega da publicación En galego, agora e sempre. Un libro que recolle perto de cen mandas testamentarias.
|
|
A fonte limpa
O sábado día 3, no salón nobre da Deputación de Lugo, celebrouse o acto de imposición de togas da galeguidade e insignias a dezasete novos membros, entre os que se atopaban tamén un número de funcionarios xudiciais. No acto presentouse o libro editado para a ocasión A fonte limpa. O pensamento político xurídico de Frei Benito Feixóo.
|
|
A lingua dos protocolos
Xa van dezaseis anos nos que a Fundación Peña Novo celebra en Soutomaior a entrega dos premios Lois Peña Novo que recairon desta vez no Concello de Burela, nomeadamente no Proxecto Burela e no traballo desenvolvido polo mesmo, no Bufete de avogados FORO AVOGADOS LUGO e no profesor D. Ramón Lorenzo.
|
|
Presentación Relatos da Paisaxe
Na fermosa praza de Fefiñáns, fíxose a presentación ao público dos autobuses que a empresa TRAVIBUS NOROESTE, S.A., unha razón social que aglutina a 34 empresas do transporte público da provincia de Pontevedra, permitíu rotular en lingua galega con nomes de vales, outeiros, serras, montes, etc. 15 autobuses encheron a praza nunha imaxe inusual e moi expresiva que provocou unha grata sorpresa nos presentes ao acto.
|
|
Declaración de Mondariz-Balneario
A Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, elaborou a Declaración de Mondariz-Balneario para ser asinada polos concellos nos que Ramón Cabanillas exerceu a súa función de secretario municipal.
|
|
Terra que agroma
O xoves, 25 de xuño, levouse a cabo o acto de entrega dos Premios Lois Peña Novo que nesta XV edición recairon en D. Emilio González Fernández, médico psiquiatra, o estaleiro H.J. Barreras e no concello da Estrada.
|
|
En galego, agora e sempre
O 28 de outubro de 2008 foi presentada, na Casa da Cultura do Concello de Vilagarcia, a campaña “En galego, agora e sempre” promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
|
|
Orencio Pérez González: a vocación galeguista dun xuÃz
O día 31 de outubro de 2008 celebrouse, a instancias da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, un acto de homenaxe a D. Orencio González Pérez que fora, durante moitos anos, titular do xulgado de instrución núm. 5 de Vigo e membro destacado da devandita asociación.
|
|
Fermin Bouza Brey: un xuÃz de lei
O día 26 de xuño, xoves derradeiro do mes como tódolos anos, foron entregados os premios Lois Peña Novo que na súa XIV edición recairon sobre D. Xesús Ferro Ruibal, Académico da R.A.G. e escritor; D. Manuel Pereira Costas, Maxistrado do Xulgado de violencia contra a muller de Vigo e no Concello de Vilar de Santos.
|
|
Deixa que o viño fale
O Parlamento Galego organzou un acto den apoio á campaña de etiquetaxe de viños en galego, Deixa que o viño fale, A fala dos viños, impulsada por la consellería do Medio Rural, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
|
|
Contos de agardar
Unha nova iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Asociación de Funcionarios para a Normalización levou ás comisarias e cuarteis da garda civil unha colección de contos titulada Contos de agardar.
|
|
Presentacion do libro Palabras da terra
Don Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galicia e dona Marisol López Martínez, Secretaria Xeral de Política Lingüística participaron no acto conxuntamente co presidente da Asociación de Funcionarios, don Xoaquín Monteagudo Romero.
|
|
|
|