NOVA


Nunca en Galicia se fixera antes unha campaña de animación ao uso da lingua galega na etiquetaxe dos nosos viños. Palabras da terra recolle a opinión de medio cento de adegueiros que manifestan con orgullo a decisión de rotularen os seus envases en lingua galega. Adegas de tódalas denominacións de oríxe, que producen brancos e tintos. Viños que viaxan polo mundo para expoñérense nos andeis das grandes superficios, viñotecas e os mellores restaurantes. Con esta publicación a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística da man da Secretaría Xeral de Política LIngüística botaron a andar unha campaña novidosa de fomento do uso da lingua galega na etiquetaxe, para corroboraren que vender en galego é posible, que non se lle pechan as portas do comercio exterior aos nosos viños para estaren en pé de igualdade co whisky, champán frances e outras bebidas etiquetadas en cadansúa lingua de orixe. A lingua galega ten, a través do viño, a posibilidade de universalizarse e acadar o prestixio que lle cómpre.

Don Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia e dona Marisol López Martínez, Secretaria Xeral de Política Lingüística participaron no acto conxuntamente co Presidente da Asociación de Funcionarios, don Xoaquín Monteagudo Romero, que aproveitou a ocasión para pedirlles aos adegueiros de toda Galicia congregados na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, que non perdesen a ocasión de singularizárense nos mercados internacionais coa nosa lingua.


Servizos relacionados co evento: edicion do libro.










Documento sin título
Pio García
Camelias, 101. 36211 Vigo
Tel.: 986 234 061
Móbil: 606 368 473
audiovisuales@piogarcia.com
 
© PIO GARCIA
nota legal
 
Síguenos