|

O 19 de abril de 2007 presentouse no Hostal dos Reis Católicos o libro En galego, con toda seguridade. Presidiron o acto o Sr. Presidente da Xunta de Galicia, don Emilio Pérez Touriño, don José L. Méndez Romeu, conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a presidenta do Parlamento de Galicia dona Dolores Villarino Santiago, don Manuel Ameijeiras, delegado do Goberno en Galicia, don Carlos Vareala García, Fiscal superior de Galicia, e don Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Asociación de Funcionarios opara a Normalización Lingüística, responsables dos mandos policiais en Galicia e unha nutrida representación deles, que ateigaban a Capela Real. .jpg)
En galego, con toda seguridade, recolle as opinións favorables ao uso da lingua galega de xefes policiais, pero tamén de moitísimos axentes locais. A esta nómina súmanse os alcaldes das vilas e cidades máis importantes de Galicia que tamén manifestan o desexo de que a nosa lingua sexa o código de comunicación das forzas e corpos de seguridade cos cidadáns. Un acto sen precedentes das comunidades autónomas con lingua propia, que tivo amplísima repercursión nos medios de comunicación galegos.
.jpg)
A parte musicial do acto estivo a cargo de don Ángel Barrera, Comisario Xefe do Corpo Nacional de Policía de Ourense, ao piano acompañou a voz do teor don José María Albán, do mesmo corpo, intepretando obras do repertorio da música clásica universal e galega.
Servizos relacionados co evento: edicion do libro, cartelería, reportaxe fotográfica e mantemento web.
|