|

O Parlamento Galego organzou un acto den apoio á campaña de etiquetaxe de viños en galego, Deixa que o viño fale, A fala dos viños, impulsada por la consellería do Medio Rural, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Representantes do sector vinícola e da distribución dos consellos reguladores das cinco denominacións de oríxe dos viños galegos, os adegueiros implicados na campaña e empresas de distribución de bebidas e alimentación asistiron a este acto, co que o Parlamento pretende impulsar as medidas que contribúen a garantir o exercicio dos dereitos lingüísticos dos galegos. Previamente a Mesa do Parlamento aprobara unha iniciativa para que no sucesivo en todos os actos e ágapes institucionais o viño estea etiquetado en lingua galega.
Servizos relacionados co evento: cartelería, edición do libro e vídeo promocional.
|