NOVA


O 28 de outubro de 2008 foi presentada, na Casa da Cultura do Concello de Vilagarcia, a campaña “En galego, agora e sempre” promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O acto levouse a cabo no concello de Vilagarcia por ter este atendido a petición da Asociación de Funcionarios e levar a cabo a confección dun dos libros que se presentaron. A alcaldesa, Dª Dolores García Giménez presidíu o acto acompañada por D. Xosé González Martínez, secretario da Asociación de Funcionarios,  polo  concelleiro de cultura e normalización lingüística do concello, Sr. Castro Ratón e polo funcionarios do S.N.L. D. Manuel Campos. O acto contou cunha grande presenza de veciños da localidade que se interesaron polo traballo realizado e polas publicacións presentadas.
 


O pretendido con esta campaña é a recuperación do patrimonio cultural galego a través das achegas que se poden deixar  aos descendentes de igual xeito que fixeron as xeracións que nos precederon. As lendas, as tradicións, música popular...tiveron unha lingua para se expresaren; unha lingua que, malía as vicisitudes históricas adversas, resistíu séculos as interferencias doutras culturas máis fortes que ameazan ese gran patrimonio no que se cultivou unha lírica propia e unha tradición oral das máis importantes da nosa contorna xeográfica.  Ese patrimonio labrouse, fundamentalmente, nas aldeas durante moitos séculos. Personaxes anónimos, homes e mulleres, que sen máis saberes que a tradición e o don da capacidade creadora, deron pé ao acrecentamento ininterrompido dese patrimonio cultural, fonte de inspiración para os nosos escritores e escritoras, que souberon sublimar o saber popular.
 


Nestas  publicacións novas o que se recollen son mandas testamentarias escritas actualmente por varios centos de persoanalidades da vida cultural, profesional, política e asociativa galega. As mandas son cláusulas testamentarias nas que os testadores manifestánlles aos seus sucesores o desexo de procuraren un futuro mellor para a lingua galega.  Grazas á colaboración de todos  foi  posible a publicación de dous volumes nos que o lector poderá atopar textos suxerentes para que os galegos inclúan no seus testamentos fórmulas acaidas  para que o noso idioma teña mil primaveras máis, como así reza o epitafio escrito por don Álvaro Cunqueiro. Moitos concellos galegos sumáronse a esta peculiar campaña de normalización lingüística aportando mandas de persoas do seu entorno, Vigo, Redondela, Santiago de Compostela, A Estrada, Pazos de Borbén, Ourense, etc...


Servizos relacionados co evento: edición do libro, cartelería, tríptico e reportaxe fotográfica.










Documento sin título
Pio García
Camelias, 101. 36211 Vigo
Tel.: 986 234 061
Móbil: 606 368 473
audiovisuales@piogarcia.com
 
© PIO GARCIA
nota legal
 
Síguenos