|
FOTOSTOCK Pío García pon ao seu dispor un amplísimo arquivo fotográfico, milleiros de imaxes que son o froito de anos de experiencia profesional. Un arquivo que abrangue un extenso abano de temas: - A natureza e as paisaxes: fragas, montañas, vales, praias… un periplo visual pola paisaxe máis indómita, pero tamén pola máis humanizada, as súas rutas ocultas, as súas fragas e devesas, os seus espectaculares ríos.
- O patrimonio artístico e cultural: igrexas, mosteiros, castros, aldeas, monumentos, museos, exposicións… a pegada creadora do home sobre a terra.
- Festas e tradicións: os ritos ancestrais e as celebracións atávicas, as manifestacións paganas e relixiosas dunha terra feiticeira, o desbordamento festivo e o fervor máis intimista na óptica viva do fotógrafo.
- O mundo actual: a industria e a enerxía, o urbanismo, a pesca e a construción naval, a agricultura e as explotacións gandeiras, as cidades e o rural.
Un compromiso visual co mundo e cos clientes, baseado en rigorosos criterios de calidade e nunha xestión rápida e eficiente que permite poñer de contado a súa disposición calquera imaxe solicitada. |